Unha gran explosión en Ankara deixou polo menos 28 mortos e 61 feridos, segundo informaron as autoridades turcas.
Un vehículo cheo de explosivos foi detonado cando pasaban autobuses militares. A explosión produciuse preto do parlamento e do cuartel xeral militar de Turquía.
Os funcionarios turcos cualificárono de "un acto de terrorismo".
Algunhas das vítimas eran civís.



