Turquía estará representada nos Xogos Olímpicos cunha selección deportiva feminina por primeira vez despois de que a selección nacional de voleibol reservara a súa entrada para xogar nos Xogos de Londres este verán.
A selección nacional de voleibol, alcumada os "Sultáns", gañou a Polonia en tres sets seguidos (25-22, 25-22, 25-19) para gañar o torneo de clasificación olímpico celebrado en Ankara o pasado 6 de maio.
Turquía necesitou só 77 minutos para rematar o torneo cunha vitoria tras vencer a Bulgaria, Croacia e Alemaña na fase de grupos e a Rusia na semifinal a principios da semana pasada.
Hurriyet



